Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/12/13

Fronteiras

Agradecemos arestora a colaboración de Celia Lamela, artífice deste post sobre este documental ben interesante que ela nos descobre.

"Fronteiras" de Rubén Pardiñas, dálle rostro e voz ao galego das estremas do país: a franxa Eo-Navia (Ibias), o Bierzo (Vilafranca do Bierzo), Hermisende (As Portelas), a Raia Seca (Castrlo Laboreiro). Transmite o encanto e a polémica que se tece arredor desas franxas un tanto imaxinarias e artificiais que son as fronteiras... A fronteira, o lugar onde se mira de fronte, onde non somos nin unha cousa nin outra; onde, como di a antropóloga portuguesa Paula Godinho, as xentes de común sempre desfronteirizaron, mentres os poderes políticos construíron valos... Fronteira como "prioridade amorosa", lugar de intercambio contrabandístico ou refuxio de maquis (A Raia), lugar dos "queridos romances da fronteira" sempre híbridos, mestura dunha cousa e outra...

1 comentario:

Cibrán dixo...

Eu puxérao aquí: http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2010/08/fronteiras-marabilloso-video.html
Pero a plataforma na que estaba debeu morrer porque agora non se ve o vídeo. Cóllocho.
De paso regáloche outro do mesmo título:
http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2010/11/fronteiras.html

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.